Pisos

Os pisos protexidos constitúen un recurso residencial comunitario organizado en pisos normais insertos na contorna social nos que conviven persoas con trastorno mental grave.

A asociación puxo en marcha, no ano 2000, un primeiro piso protexido e actualmente, no ano 2011, conta cun total de tres pisos (todos eles situados no municipio de Narón), cun máximo de 12 prazas.

Os obxectivos deste dispositivo son:

  • Proporcionar un recurso de aloxamento, convivencia e soporte o máis normalizado posible que facilite o mantemento na comunidade nas mellores condicións posibles de normalización e calidade de vida
  • Promover e posibilitar o proceso de rehabilitación psicosocial e integración comunitaria de cada usuario, apoiando o máximo desenvolvemento do seu funcionamento social o máis integrado e independente a través do desempeño de roles sociais valiosos e normalizados.
  • Evitar procesos de deterioración, abandono e/ou marginalización social.
  • Evitar procesos de cronificación e/ou institucionalización de usuarios sen apoio familiar ou social pero que manteñen bos niveis de autonomía

No piso búscase organizar un estilo de vida e convivencia o máis familiar e normalizado posible. Os usuarios deben implicarse e participar activamente nas diferentes tarefas domésticas e de funcionamento cotián. Co apoio e supervisión que en cada caso requiran, os usuarios responsabilízanse e ocupan tanto do coidado e limpeza do seu dormitorio, pertenzas, roupas e obxectos persoais, como da realización das diferentes tarefas domésticas comúns necesarias en calquera vivenda: limpeza, realización de compras, preparación de comidas, etc.

 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras