Centro Ocupacional

Actualmente en fase de posta en funcionamento, situado fronte ao CRPL (no municipio de Narón) e con capacidade para 20 usuarios, o centro ocupacional é un dispositivo de rehabilitación e integración laboral intermedio entre o CRPL e o Centro especial de emprego ou emprego ordinario, que cobre a necesidade de achegar á persoa ao campo laboral e ofrecer servizos de apoio de terapia ocupacional e axuste persoal e social a persoas con enfermidade mental cuxa acusada minusvalía temporal ou permanente impídelles a súa integración nunha empresa ou centro especial de emprego.

Entre os obxectivos deste centro figuran:

  • Manter e mellorar habilidades instrumentais, mediante unha orientación profesional e laboral personalizada.
  • Manter e mellorar habilidades pre-laborais, dirixidas a proporcionar as habilidades previas ao adecuado desempeño das tarefas propias dun sector laboral determinado.
  • Manter e mellorar repertorios sociais formando e proporcionando ocupacións dignas e significativas que contribúan a optimizar o desenvolvemento persoal.
  • Habilitar profesionalmente adquirindo os contidos formativos relacionados cun bo desempeño laboral.
  • Buscar a transición ao emprego remunerado, orientado ás persoas que estean capacitadas para o desempeño de tarefas produtivas específicas cara a centros especiais de emprego ou empresas normalizadas.
  • Ofrecer unha fonte de realización persoal e autoestima.
  • Proporcionar identidade persoal, poder, seguridade, integración social e roles activos.
  • Proporcionar prestixio e rango social.
  • Achegar unha contorna para o desenvolvemento de destrezas e habilidades.
  • Proporcionar unha fonte de oportunidades para a interacción, comunicación e contacto social.

O perfil xeral dos usuarios é o seguinte:

  • Persoas con enfermidade mental grave e persistente en idade laboral e con certificado de minusvalía, pertencentes (con preferencia) ao área sanitaria de Ferrol, que superasen o período de rehabilitación psicosocial nun CRPL ou Hospital de Día ou procedan dalgún programa de formación e que non teñan capacidade de traballo suficiente para cubrir unha praza nun Centro Especial de Emprego ou de emprego ordinario nunha empresa.
  • Presentar un grao de autonomía suficiente que lles permita participar en tarefas e/ou actividades ocupacionais.
  • Estar en tratamento psiquiátrico e manter estabilizada a súa conduta.
  • Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 65 anos.
  • Non presentar procesos orgánico-cerebrais progresivos.
  • Non ter unha problemática de drogodependencias ou alcoholismo.
 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras
Memorias