Centro de Rehabilitación Psicosocial

O Centro de Rehabilitación Psicosocial "Porta Nova" situado no municipio de Narón con capacidade para 55 usuarios é un dispositivo cuxa función é facilitar os procesos de rehabilitación e ofertar o soporte necesario para unha adecuada integración social das persoas diagnosticadas dunha enfermidade mental grave e persistente, así como apoiar e asesorar ás súas familias.

Este concepto de trastorno mental grave e persistente engloba tres dimensións que deben estar presentes:

  • Un diagnóstico psiquiátrico referido a patoloxías graves (fundamentalmente esquizofrenia e outros trastornos psicóticos, trastornos de personalidade -preferentemente da esfera psicótica-, trastorno bipolar),
  • Unha situación de discapacidade ou desvantaxe provocada pola enfermidade (é dicir, presentan deterioracións ou dificultades significativos no seu funcionamento psicosocial e na súa integración social) e
  • Un tempo, referido este a que o prognóstico desta enfermidade e destas desvantaxes supón que non van remitir ou solucionarse nun breve período temporal.

Completando este requisito (enfermidade mental grave e persistente), o perfil da poboación ao que pode dar asistencia é o seguinte:

  • Idade entre 18 e 65 anos. Ambos os sexos.
  • Estar nunha situación psicopatológica estabilizada.
  • Non presentar patróns comportamentales agresivos ou perigosos para si mesmos ou para os demais, nin problemas graves de alcoholismo ou drododependencia que dificulten gravemente ou impidan o traballo de rehabilitación a desenvolver no Centro.
  • Dificultades en: autocuidados, relacións, ocupación, vivenda, autonomía persoal e social.

Os obxectivos específicos do Centro son:

  • Dotar ao usuario das habilidades relacionales necesarias para que este poida levar a cabo o maior número de roles socialmente valiosos.
  • Adestrar as habilidades instrumentais necesarias para alcanzar o maior nivel posible de autocuidados e autonomía.
  • Promover a educación para a saúde modificando condutas de risco e articulando condutas de protección.
  • Asesorar, informar e apoiar ás familias coidadoras para que teñan unha interacción o máis adecuada e positiva posible co seu familiar enfermo, á vez que se habilitan os soportes necesarios para asegurar o apoio necesario a estas familias coidadoras
  • Proporcionar soporte e apoio comunitario aos usuarios, organizando actividades propias que sirvan para estruturar a rutina diaria e para fomentar intereses persoais e tamén apoiando aos usuarios que o necesiten na utilización de recursos comunitarios normalizados.

 

 

 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras