Respiro familiar/Lecer e tempo libre

fam

Respiro familiar/Lecer e tempo libre: a asociación participa no programa de lecer e tempo libre e respiro familiar “Coidamos de ti” proposto por FEAFES/FEAFES-Galicia cos obxectivos de: aliviar aos coidadores non profesionais da sobrecarga de atención directa, que lles posibilite a realización de actividades que non poden desenvolver habitualmente; ofrecer alternativas á rutina familiar para mellorar o clima cotián a posteriori; e ofrecer aos usuarios programas personalizados de lecer activo normalizado, que lles sirva para mellorar a adopción de estilos de vida saudables e que potencien o seu nivel de autoestima, de autonomía, das habilidades da vida diaria e as súas condutas adaptativas. Inclúe programas vacacionais, excursións, estancias nunha casa de respiro familiar e campionatos de fútbol sala (con outros CRPS de Galicia). Ademais particípase en actividades normalizadas e puntuais que promova a contorna máis próxima (exposicións, visitas a museos, ciclos de cine, etc.).


 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras
Memorias