Obradoiros ocupacionais

ocupac

Obradoiros ocupacionais: Partindo da distinción entre actividades ocupacionais (as que están deseñadas a medida das posibilidades do usuario) e actividades de rehabilitación laboral (as que adaptan as capacidades do usuario ás esixencias do traballo), os talleres postos en marcha poden chegar a cumprir unha dobre finalidade (tendo en conta o tipo de taller e os obxectivos do programa individualizado de rehabilitación de cada usuario):

  1. Os usuarios atopan a través da actividade proposta (máis ou menos dirixida): unha forma de ocupar o tempo en algo que elaboran por si mesmos; un espazo onde poder relacionarse, compartir e participar conxuntamente nunha tarefa común; e un contexto onde poder ir asumindo unha estructuración do tempo diario máis normalizada.
  2. Capacita aos usuarios para, nun futuro, poder asumir unha tarefa máis comprometida no marco da actividade laboral (emprego protexido ou libre).

Os talleres que actualmente ofrece a asociación son os seguintes: abelorios e fieltro, papel reciclado, manualidades, debuxo e pintura, encadernación e biblioteca musical.


 

 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras
Memorias