Integración social e comunitaria

soc

Integración social e comunitaria: Preténdese que o enfermo con patoloxía mental severa e crónica, ante todo persoa, use e goce de forma autónoma dos recursos da comunidade como calquera outro cidadán, xa que debido ás dificultades que ten de acceso aos mesmos (pola tendencia que ten ao illamento social) está en desvantaxe en canto a unha utilización adecuada, polo que tratamos de atender a resolución daqueles conflitos ou problemas que lle poida ir xurdindo. Tamén se pretende que a persoa con enfermidade mental poida ter un rol de competencia social en cada un dos contextos e redes sociais onde se desenvolve: amigos, traballo e vivenda, e así ser cidadán de pleno dereito. Utilizando para iso espazos fóra dos recursos protexidos, achegándolle aos recursos dirixidos á poboación en xeral e desenvolvendo as habilidades sociais e de integración na comunidade, xa que é unha forma idónea para que os usuarios tomen contacto directo, tendo a oportunidade de polas en práctica en novos ambientes de aprendizaxe; e por outra banda tamén pretendemos promover a educación transversal ao resto da poboación, para comezar a erradicar a estigmatización existente ao redor da enfermidade mental, brindándolles a posibilidade de ser recoñecidos cunhas connotacións positivas.
 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras