Rehabilitación cognitiva

atencion

Rehabilitación cognitiva: A través de talleres específicos, de actividades individualizadas e, de forma transversal, nos diferentes talleres ocupacionais/pre-laborais, este programa trata de: paliar os déficit cognitivos mediante a aprendizaxe de estratexias compensatorias; mellorar as capacidades iniciais do procesamiento de información -atención- (mediante tarefas de distinción entre o esencial e o irrelevante, orientación adecuada da atención, mantemento da concentración) que están na base de dificultades noutras áreas; incrementar a capacidade dos suxeitos para planificar e secuenciar accións da súa vida diaria (funcións executivas); reducir as repercusións negativas que sobre o funcionamento cotián producen as alteracións cognitivas; e mellorar as capacidades cognitivas superiores (mediante tarefas de formación de conceptos, abstracción, clasificación de eventos en clases e categorías, desenvolvemento de estratexias de procura de conceptos). Dentro das actividades encamiñadas á estimulación cognitiva, inclúese o taller de actualidade, o taller de alfabetización, o taller do euro e o taller de pensamento-linguaxe-atención-memoria.
 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras
Memorias