A.F.A.E.S PORTA NOVA

A Asociación de Familiares e Amigos dos Enfermos Psíquicos A.F.A.E.S nace por mor dunha charla-coloquio sobre "Esquizofrenia e familia: Participación das familias no proceso de rehabilitación", impartida por Sergio Rebolledo o 5 de xuño de 1995 e organizada polo Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario "Arquitecto Marcide - Profesor Novoa Santos". Os asistentes decidiron formar unha asociación que implementase o regulado no Decreto 389/94 de 15 de decembro da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais, promovese o benestar dos enfermos mentais e cuxo ámbito de actuación fose a área de Saúde de Ferrol, contando para iso coa colaboración dun grupo de profesionais do campo da Saúde Mental. En sucesivas reunións cáptanse socios e colaboradores, ademais de elaborarse e aprobarse os Estatutos da Asociación. O 17 de xullo de 1995 os Estatutos son presentados no Goberno Civil e a asociación queda inscrita no  Rexistro de Asociacións co número 4.003. Días máis tarde, é inscrita no Rexistro de asociacións Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais da Xunta de Galicia, co número S-859. Desde os seus inicios, a asociación situouse no Concello de Narón, sendo a súa sede social o Hospital Novoa Santos.

As finalidades básicas coas que foi creada a asociación AFAES "Porta Nova" son:

  • O desenvolvemento de actividades que promovan a saúde e o benestar do enfermo mental.
  • A recuperación psicosocial e laboral do enfermo mental.
  • A integración do enfermo mental no medio en que vive.
  • Apoiar aos familiares, mediante axuda mutua, xestión de recursos e soporte social.
 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



¿Quién está en línea?
Temos 6 convidados en liña
Entidades colaboradoras