5ª EDICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN PARA PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

alt

Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal está a impartir una acción formativa subvencionada pola Consellería de Política Social (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) a través da Orde do 12 de maio de 2017. Dita acción formativa vai dirixida tanto ao colectivo de persoas con enfermidade mental grave como a persoas en risco de exclusión social, neste último caso derivadas a través do Plan de Inclusión Social de Galicia-Equipo Comarcal de As Pontes.

A axuda económica aprobada e as características da acción formativa son as seguintes:

"Xardinería e limpeza de xardíns".

Importe: 3.412 €.

Horas teóricas e prácticas: 140

Número de alumnos: 8.

Datas de realización: outubro-novembro 2017.

As prácticas realizaranse, como en anos anteriores, en colaboración coa empresa de xardinería Arce S.L.

En canto ó profesorado, os contidos específicos serán impartidos por profesionais (profesores de taller) da entidade AFAES Porta Nova, e na parte de contidos transversais contaremos coa colaboración dos técnicos do Equipo Comarcal de Inclusión de As Pontes.

O curso de Xardinería e Limpeza de Xardíns está cofinanciado pola Unión Europea, no marco polo Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020, co obxectivo de promover a igualdade, a saúde e a inclusión, para mellorar a inserción laboral das persoas con enfermidade mental e outros colectivos en risco de exclusión social nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

alt


Modificado o (Luns, 22 Xaneiro 2018 12:05)

 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras