Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Contratación dun traballador desempregado para o taller de lavandería

En base a orde de 5 de agosto de 2016 (pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro e se procede a convocatoria para o ano 2016) a asociación AFAES Porta Nova presenta o proxecto “ Desenvolvemento do obradoiro de lavandería e limpeza de inmobles no Centro Ocupacional Porta Nova”, mediante o cal se solicitaba subvención para contratar a un profesional durante o ano 2016 coa finalidade de:

- Xestionar o taller de lavandería que forma parte do Centro Ocupacional (C.O.).

- Planificar as accións formativas.

- Implantar técnicas de aprendizaxe e motivación para os usuarios.

- Adestrar e supervisar as tarefas que realizan os usuarios.

- Avaliar os rendementos dos mesmos.

- Participar nas reunións de coordinación co resto de profesionais do C.O.

 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras