Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Convenio coa Confederación Saúde Mental España. Convocatoria IRPF 2016-17 solicitada no ano 2016 para executar no ano 2017.

AFAES Porta Nova recibe financiamento a través da Confederación Saúde Mental España na convocatoria 2016-17, por un importe total de 8.925,00 €, para os seguintes programas:

- Programa de acompañamento integral. O programa de acompañamento integral pretende dar continuidade a atención das persoas con problemas graves de saúde mental e a promoción da súa autonomía persoal. As liñas de acción van dirixidas principalmente as dificultades que atopamos nas áreas de Actividades Básicas da Vida Diaria (AVD.s), Actividades Instrumentais de la Vida Diaria (AIVD´s), Participación Social, Ocio e Tempo Libre.

Unha das principais vantaxes deste programa é que se realiza na Comunidade e en entornas naturais das persoas beneficiarias, fundamentalmente no seu propio domicilio.

O importe recibido para a realización do programa no ano 2016 foi de 5.925,00 €.

- Programa de intervención familiar: Escola de Familias / Axuda Mutua. Este programa consiste no desenvolvemento de sistemas de apoio social a familias ou achegados de persoas con enfermidade mental a través de programas de psicoeducación (escolas de familias) e a potenciación e desenrolo de redes de axuda mutua. Na convocatoria 2016-17 o importe concedido foi de 2000,00€.

- Programa de respiro familiar Realización de actividades específicas dirixidas as persoas con enfermidade mental e os seus familiares que sirvan de apoio e respiro tanto a propia persoa con enfermidade mental, como os/as familiares cos que convive. Para a súa execución pódese dispoñer de: estancias temporais de acollemento, apoio en situacións de emerxencia, acompañamentos diúrnos (actividades de ocio e tempo libre, socio comunitarias, de fins de semana, etc.), acompañamentos nocturnos, participación en actividades socio-comunitarias, participación en actividades de ocio e tempo libre (talleres, deportes, saídas e excursións, saídas culturais, festas, etc). Para o ano 2017 o importe concedido na convocatoria 2016-17 serían de 1000,00 €.

 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras