AFAES PORTA NOVA MANTÉN A AXUDA ECONÓMICA DO CONCELLO DE AS PONTES PARA O PROXECTO DE DIFUSIÓN DA ENTIDADE

Mediante a convocatoria anual 2016 de subvencións dirixidas a entidades deportivas, sociais e asociacións de veciños, a entidade AFAES Porta Nova recibe do Concello de As Pontes, a cantidade de 600 € que vai destinada a mellorar a coordinación coas entidades sociosanitarias da área sanitaria de Ferrol (Ferrol, Eume e Ortegal) no senso de que coñezan o funcionamento da entidade AFAES Porta Nova, como entidade que traballa co colectivo de persoas con enfermidade mental severa e os seus familiares.

O proxecto de difusión de AFAES Porta Nova subvencionado polo Concello de As Pontes ten como obxectivo xeral:

Favorecer a difusión dos servizos de rehabilitación psicosocial da entidade AFAES Porta Nova, da integración sociolaboral dos usuarios e dos produtos e traballos derivados dos talleres ocupacionais.

A difusión conséguese mediante a seguinte metodoloxía de traballo:

  • Participación en Feiras e Encontros de artesanía.
  • Desenvolvemento de talleres e actividades para familiares e persoas con enfermidade mental (Escola de Familias, xornada de portas abertas Voluntariado, exposicións de produtos dos talleres ocupacionais, etc.)
  • Accesibilidade e entrega de material divulgativo: boletíns, web, medios de comunicación, tarxetas, trípticos, revistiñas, etc.

En concreto o importe económico recibido do concello de As Pontes, cubre os gastos de mantemento do BOLETÍN SAÚDE MENTAL de AFAES Porta Nova, que ten unha periodicidade anual de 3-4 números e que está accesible na web da entidade.

Modificado o (Martes, 29 Novembro 2016 12:52)

 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras
Memorias