O PROXECTO “SUMANDO CAPACIDADES. XERANDO OPORTUNIDADES” ESTREA BLOG.

Como xa vos comentamos, ”Sumando capacidades. Xerando oportunidades” é unha iniciativa innovadora que xorde da colaboración entre as asociacións AFAES e ASPANEPS para traballar unidas pola inclusión socio-laboral de persoas con problemas graves de saúde mental e discapacidad intelectual no área sanitaria de Ferrol; subvencionado pola Obra Social “A Caixa”.

O proxecto se articula en 4 talleres formativos: costura, serigrafía, lavandería e cociña, nos que participarán como beneficiarias 65 persoas pertencentes a ambas asociacións durante o ano 2016.

O obxectivo principal é a formación e inserción laboral dos participantes no proxecto, así como a sensibilización e promoción da participación de empresas, entidades e administracións da comarca para a mellora da situación socio-laboral dos nosos colectivos.

Pois ben, si queredes seguir este fantástico proxecto día a día non tedes máis que seguir o blog https://sumandocapacidadesblog.wordpress.com/.

 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras
Memorias