O CONCELLO DE NARÓN RENOVA, O PASADO 12 DE NOVEMBRO, O COMPROMISO DE COLABORACIÓN COA ENTIDADE AFAES PORTA NOVA

Mediante sinatura efectuada polo alcalde de Naron José Manuel Blanco e o presidente de AFAES, Félix Pena Calvo. Acto no que tamén estivo presente a concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio (responsable do convenio de AFAES)

Ábrese unha nova liña de coordinación entre ambos entes que en base a diversas reunións de traballo mantidas, vaise a materializar para o próximo convenio nun incremento de 3000 € na apartación económica municipal.

A Asociación de Familiares Amigos e Persoas con Enfermidade Mental AFAES Porta Nova recibirá unha axuda económica de 7.000 euros da administración local, unha cantidade que a compromete a organizar actividades de intervención social en colaboración e coordinación co departamento municipal de Servizos Sociais e tamén accións formativas destinadas a persoas que se deriven ó Centro de Rehabilitación Psicosocial dende o Servizo Galego de Saúde.

 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras