A.F.A.E.S. noticias

Facendo o camiño

Un grupo de seis usuarios de Porta Nova, xunto con dúas compañeiras Terapeutas percorreron 54 quilómetros do Camiño de Santiago. Partiron dende Melide o pasado martes 6 de setembro e chegaron a Santiago logo de 4 etapas.
Xa é o segundo ano que nos sumamos a esta iniciativa xunto con outras asociacións dá Federación galega (Feafes). O obxeto deste longo camiño foi, a parte de vivir a experiencia, reivindicar unha imaxe normalizada dás enfermidades mentais e rachar así cos estigmas sociais.
Por parte de Afaes, queremos dar a noraboa tanto os nosos rapaces “camiñantes” coma as compañeiras que foron con eles. Fixeron todos un gran esforzo.

P9060157          P9060156

Modificado o (Luns, 26 Setembro 2011 12:25)

 

Subvencións


PROGRAMA DE ESCOLA DE FAMILIAS

Para o desenvolvemento do Programa de Escola de Familias a entidade AFAES PORTA NOVA recibe para o presente ano 2011 unha axuda económica por parte do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade (xestionada a través da Confederación Nacional FEAFES) por un importe de 1.620,00 €.

Os obxectivos da Escola de Familias son os que se detallan a continuación:

  • Dotar as familias de información clara sobre a natureza da enfermidade mental.
  • Concienciar as familias do seu papel como axentes de cambio, rehabilitación e normalización.
  • Mellorar as habilidades dos familiares para afrontar o tensión e os problemas, así como a comunicación e o clima intrafamiliar.
  • Crear una alianza de traballo entre as familias e os profesionais.
  • Incrementar a rede social a familia.

A Escola de Familias mantense cunha periodicidade de unha vez o mes o longo de 10 meses anuais. Cada sesión ten unha duración de 2 horas e media; os contidos a tratar están baseados no Programa de Escola de Familias facilitado por FEFAES, e dende os seus comezo fomos contado cunha asistencia regular de familiares en cada unha das sesións, entorno as 10-15 persoas. Esta actividade está aberta a cal quer familiar socio da entidade.


ATENCIÓN DOMICILIARIA

Para o desenvolvemento do Programa de Atención Domiciliaria a entidade AFAES PORTA NOVA recibe para o presente ano 2011 dúas axudas económicas. Unha por parte do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade (xestionada a través da Confederación Nacional FEAFES), por importe de 5.925,00 €. E outra por parte da Consellería de Taballo e Benestar, en convenio coa Federación Galega FEAFES para todas as asociacións de familiares de persoas con enfermidade mental da comunidade de Galicia, para “Desenvolvemento dos seus programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes en la comunidade autónoma de Galicia”. O importe que lle corresponde a Asociación AFAES Porta Nova no presente ano supón 7.527,26€.

O programa de Atención Domiciliaria pretende favorecer o desenvolvemento da autonomía persoal. Está dirixido a persoas con enfermidade mental que presentan de forma consistente dificultades en áreas básicas da vida diaria, na continuidade da atención socio sanitaria e na participación en actividades na comunidade, ou con grave risco de padecelas a curto ou medio prazo.

As liñas xerais de actuación están dirixidas a:

  • Favorecer a implicación da persoa con enfermidade mental no seu propio proceso de recuperación.
  • Fomentar a participación da familia en programas de psicoeducación ou noutras actividades da asociación dirixidas a familias.
  • Potenciar a utilización por parte da persoa con enfermidade mental de recursos sociais e sanitarios na comunidade.
  • Promover o coñecemento do programa no entorno comunitario

Os obxectivos xerais do programa son os seguintes:

  • Potenciar a adopción de estilos de vida saudables, o nivel de autonomía e de autoestima, así como as capacidades cognitivas. Promover a autonomía e a participación nas actividades básicas da vida diaria.
  • Axudar na xestión das actividades instrumentais da vida diaria (transporte público, compras, xestión do diñeiro, acompañamentos médicos, etc.).
  • Dotar e potenciar as conductas adaptativas e as habilidades sociais.
  • Coordinar actuacións cos recursos comunitarios de saúde mental e servizos sociais, para que integren nas súas actividades a persoas usuarias deste servizo, xestionar e tramitar recursos e axudas sociais o seu favor.
  • Mellorar a conciencia de enfermidade e a supervisión da toma do tratamento.
  • Favorecer pautas de comunicación e relación axeitadas.
  • Proporcionar apoio emocional.
  • Favorecer a implicación e a coordinación de todos os membros da familia.
  • Formar ó usuario sobre as características da súa enfermidade e o seu curso.
  • Formar a familia sobre a enfermidade, potenciando a súa aceptación.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA

Para o desenvolvemento do Programa de Actividades da Vida Diaria a entidade AFAES PORTA NOVA recibe para o presente ano 2011 unha axuda económica por parte da Consellería de Traballo e Benestar, en convenio coa Federación Galega FEAFES GALICIA para o “Desenvolvemento dos seus programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes en la comunidade autónoma de Galicia”. O importe que Feafes destina a entidade Afaes para o presente ano ascende a 7.762,50 €.

O Programa de Actividade da Vida Diaria ten como obxecto global a consecución do máximo nivel de autonomía e independencia persoal nos hábitos cotiáns e no fogar. Prepara a persoa para vivir o máis autosuficientemente posible, participando nas actividades cotiáns de mantemento do fogar.

Moitas das habilidades adestradas neste programa constitúen requisitos imprescindibles para favorecer a integración social plena dunha persoa con enfermidade mental na sociedade actual (os hábitos cotiáns de aparencia externa e coidado persoal, as conductas de independencia persoal, por elo a aceptación social e a pertenencia comunitaria da persoa con enfermidade mental depende en gran parte dos aprendizaxes neste terreo.

O Programa consta de varias áreas de traballo (hixiene e saúde persoal, coidados persoais, habilidades domésticas, prevención de riscos no fogar e autonomía na alimentación), cada unha das cales contén diferentes sesións e obxectivos concretos a traballar con cada usuario en función das súas necesidades específicas.


"CURSO DE PATRONAXE E CONFECCIÓN ARTESANAL: COSTURARTE”.

Desenvolverase entre os meses de setembro a decembro do ano 2011 e irá dirixida a persoas con enfermidade mental crónica e outros colectivos en risco de exclusión social. O ámbito de cobertura é a área sanitaria de Ferrol.

Esta acción formativa vai a ser financiada a través dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar procedente da seguinte convocatoria: “Orde 21 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribuían a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou riso de exclusión social (DOG nº 22 de febreiro de 2011)” por un importe de 5.320€.

A necesidade de dar continuidade o curso de costura, no que xa participaron o ano pasado un grupo de 13 usuarios/as, procedentes tanto do grupo de usuarios dos dispositivos da entidade, como do Plan de Inclusión de Ferrol e as Pontes, así como de entidades sociosanitarias da área sanitaria de Ferrol xurdiu polas seguintes razóns:

a) De seguir afianzando a formación práctica

b) Reforzar a funcionalidade de coñecementos elementais na vida diaria. Reforzase o sentido de competencia e utilidade xa que os traballos que fan arranxando prendas dan servizo a un taller produtivo como é o de lavandería.

c) Como dixemos por ser un xeito de reforzar a actividade de Lavandería que xa puxemos en marcha no Centro Ocupacional, xa que ambas pertencen á rama téxtil. Co cal se complementan as formacións recibidas ampliando o campo e as oportunidades laborais das persoas ás que atendemos. E con iso fomentamos a adaptación a diferentes tarefas e postos de traballo nos os usuarios do Centro Ocupacional, favorecendo con iso a posibilidade de contratacións en contornas normalizadas.

e) E por último cremos que a realización de arranxos é unha demanda cada vez mais crecente debido tamén á situación socioeconómica na que estamos inmersos Debido a este cambio de valores, pretendemos fomentar todo o que ten que ver coa reciclaxe. Podendo chegar a realizar una tripla labor: social, produtiva y de coidado do medio ambiente.


A Obra Social Fundación “la Caixa”, na Convocatoria de Inclusión Sociolaboral de persoas con discapacidade, do Programa de Axudas a Proxectos de Iniciativas Sociais 2011, aproba unha colaboración económica ó proxecto presentado pola Asociación de Familiares e Amigos de Persoas con Enfermidade Mental AFAES PORTA NOVA “Centro Ocupacional Porta Nova: un camiño de cara a integración sociolaboral en persoas con enfermidade mental crónica” por un importe de 15.300 €

A finalidade de dito proxecto é conseguir a capacitación ocupacional dun grupo de 20 usuarios do Centro Ocupacional, na especialidade correspondente, isto é, lavandería, horticultura, xardinería o confección , a través da formación, a práctica continuada nos talleres e nas actividades de axuste persoal e social.









Modificado o (Venres, 05 Agosto 2011 09:32)

 
Máis artigos...
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras