A.F.A.E.S. noticias

Ocio e Tempo libre

 balneario_cuntis

A Asociación participou no programa de "Lecer e Benestar" para persoas maiores e con discapacidade ofertado pola Xunta de Galicia.
Un grupo de 6 rapaces e un monitor disfrutaron da estancia no Balneario de Cuntis durante 3 días (do 25 o 27 de abril)
Durante a estancia no Balneario disfrutaron das instalacións e recibiron diferentes tratamentos termais: chorro a presión, bañeira de hidromasaxe, masaxe hidrojet e acceso ó circuito lúdico-termal.
En xeral a experiencia foi moi positiva e enriquecedora para todos, voltamos á casa moi relaxados e con ganas de volver a participar en próximas saídas similares.

Modificado o (Luns, 27 Xuño 2011 12:13)

 

Fútbol Sala

futbol2

Este ano celébrase a final do V Campionato de Fútbol Sala da Liga FEAFES en O Barco de Valdeorras o próximo 2 de xullo.

Sairemos nun autobús dende Narón e pasaremos un día nesta fermosa vila ourensá. Está previsto que ademáis dos partidos eliminatorios, cuartos e finais que se xogan tódolos anos, se faga tamén un concurso de penaltis.
Dende a asociación, tanto compañeiros como familiares e profesionais desexamos ó noso equipo MOITA SORTE!!!!

Modificado o (Martes, 31 Maio 2011 21:24)

 
Máis artigos...
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras
Memorias