A.F.A.E.S. noticias

Accións formativas nos obradoiros de costura e lavandería do Centro Ocupacional Porta Nova

O Centro Ocupacional Porta Nova cos seus obradoiros de Lavandería, Brigadas de Xardinería e Costura pretende proporcionar os coñecementos e habilidades prelaborais a un grupo de usuarios que polas características da enfermidade que padecen (patoloxía mental severa) vense limitados para atopar un traballo nun eido normalizado.

Nesta liña de acción, recentemente deu comezo a segunda edición do curso de Patronaxe e Confección Artesanal cun total de 13 participantes (procedentes tanto dos dispositivos da entidade como do Plan de Inclusión das Pontes) que, ata o seu remate o 30 de novembro, adquirirán coñecementos básicos sobre a confección de pantalóns, saias, vestidos e bordados entre outros temas.

As accións formativas para os talleres do Centro Ocupacional de costura e de lavandería están cofinanciadas polo Concello de Ferrol cunha aportación económica de 4.000,00 € a través da Convocatoria de subvencións de Benestar Social e de Xuventude.

Tanto os servizos do taller de Costura como os de Lavandería e Brigadas de Xardinaría poden ser utilizados por calquera particular ou empresa; a realización dos traballos corre a cargo dos usuarios da entidade coa labor de orientación e supervisión dos profesionais de ditos talleres.

Modificado o (Martes, 27 Setembro 2011 11:32)

 

Facendo o camiño

Un grupo de seis usuarios de Porta Nova, xunto con dúas compañeiras Terapeutas percorreron 54 quilómetros do Camiño de Santiago. Partiron dende Melide o pasado martes 6 de setembro e chegaron a Santiago logo de 4 etapas.
Xa é o segundo ano que nos sumamos a esta iniciativa xunto con outras asociacións dá Federación galega (Feafes). O obxeto deste longo camiño foi, a parte de vivir a experiencia, reivindicar unha imaxe normalizada dás enfermidades mentais e rachar así cos estigmas sociais.
Por parte de Afaes, queremos dar a noraboa tanto os nosos rapaces “camiñantes” coma as compañeiras que foron con eles. Fixeron todos un gran esforzo.

P9060157          P9060156

Modificado o (Luns, 26 Setembro 2011 12:25)

 
Máis artigos...
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras