A.F.A.E.S. noticias

Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Contratación dun traballador desempregado para o taller de lavandería

En base a orde de 5 de agosto de 2016 (pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro e se procede a convocatoria para o ano 2016) a asociación AFAES Porta Nova presenta o proxecto “ Desenvolvemento do obradoiro de lavandería e limpeza de inmobles no Centro Ocupacional Porta Nova”, mediante o cal se solicitaba subvención para contratar a un profesional durante o ano 2016 coa finalidade de:

- Xestionar o taller de lavandería que forma parte do Centro Ocupacional (C.O.).

- Planificar as accións formativas.

- Implantar técnicas de aprendizaxe e motivación para os usuarios.

- Adestrar e supervisar as tarefas que realizan os usuarios.

- Avaliar os rendementos dos mesmos.

- Participar nas reunións de coordinación co resto de profesionais do C.O.

 

O CONCELLO DE NARÓN RENOVA, O PASADO 19 DE DECEMBRO O COMPROMISO DE COLABORACIÓN CON AFAES.

Mediante sinatura efectuada polo alcalde de Naron José Manuel Blanco e o presidente de AFAES, Félix Pena Calvo, o pasado 19 de Decembro.

A Asociación de Familiares Amigos e Persoas con Enfermidade Mental AFAES Porta Nova recibirá unha axuda económica de 10.000 euros da administración local, unha cantidade que a compromete a organizar actividades de intervención social en colaboración e coordinación co departamento municipal de Servizos Sociais e tamén accións formativas destinadas a persoas que se deriven ó Centro de Rehabilitación Psicosocial dende o Servizo Galego de Saúde.

Modificado o (Martes, 17 Xaneiro 2017 13:21)

 
Máis artigos...
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras