A.F.A.E.S. noticias

O CONCELLO DE FERROL RENOVA MEDIANTE FIRMA DE CONVENIO DE COLABORACIÓN A AXUDA ECONOMICA DE 3000 € COA ASOCIACIÓN SAÚDE MENTAL FERROL EUME E ORTEGAL PARA O ANO 2017

A axuda de 3000 €, ten por obxecto cubrir a integración laboral e social das persoas con trastorno mental severo e mellorar as súas condicións de empleabilidade a través da realización dun Taller de horta ecolóxica.

Modificado o (Luns, 22 Xaneiro 2018 12:03)

 

SAÚDE MENTAL FERROL, EUME E ORTEGAL MANTÉN A AXUDA ECONÓMICA DO CONCELLO DE AS PONTES PARA O PROXECTO DE DIFUSIÓN DA ENTIDADE NO 2017.

Mediante a convocatoria anual 2017 de subvencións dirixidas a entidades deportivas, sociais e asociacións de veciños, a entidade Saúde Mental Ferrol recibe do Concello de As Pontes, a cantidade de 600 € que vai destinada a mellorar a coordinación coas entidades sociosanitarias da área sanitaria de Ferrol (Ferrol, Eume e Ortegal) no senso de que coñezan o funcionamento da nosa Asociación, como entidade que traballa co colectivo de persoas con enfermidade mental severa e os seus familiares.

O proxecto de difusión de Saúde Mental FDerrol, Eume e Ortegal subvencionado polo Concello de As Pontes ten como obxectivo xeral:

Favorecer a difusión dos servizos de rehabilitación psicosocial da nosa entidade, da integración sociolaboral dos usuarios e dos produtos e traballos derivados dos talleres ocupacionais.

A difusión conséguese mediante a seguinte metodoloxía de traballo:

  • Participación en Feiras e Encontros de artesanía.
  • Desenvolvemento de talleres e actividades para familiares e persoas con enfermidade mental (Escola de Familias, xornada de portas abertas Voluntariado, exposicións de produtos dos talleres ocupacionais, etc.)
  • Accesibilidade e entrega de material divulgativo: boletíns, web, medios de comunicación, tarxetas, trípticos, revistiñas, etc.

En concreto o importe económico recibido do concello de As Pontes, cubre os gastos de mantemento do BOLETÍN SAÚDE MENTAL de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, que ten unha periodicidade anual de 3-4 números e que está accesible na web da entidade.

Modificado o (Martes, 21 Novembro 2017 10:29)

 
Máis artigos...
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras