A.F.A.E.S. noticias

A AXUDA ECONÓMICA DO CONCELLO DE FERROL A ENTIDADE AFAES PORTA NOVA PARA O ANO 2015 FOI DE 3000 €

A axuda que a entidade AFAES Porta Nova recibiu do concello de Ferrol, sigue a ser de 3000 €. Ten por obxecto cubrir a integración laboral e social das persoas con trastorno mental severo e mellorar as súas condicións de empregabilidade a través da realización dun Obradoiro de horta ecolóxica.

Durante este ano 2015 as tarefas de produción no Obradoiro de horta foron as seguintes:

  • Estercado e perfilado de bancais par plantación dos invernadoiros.
  • Plantación e cultivo de hortalizas de temporada dende final de xaneiro ata final de xullo.

Dende finais de maio ata entrado outubro, as variedades plantadas e recollidas foron: leituga, chícharo, acelga, calabacín, cebola, allos, faba, xudía, berenxena, naviza.

A práctica totalidade da produción foi destinada para o consumo en fresco e/ou para transformación nos pisos protexidos de AFAES. Unha mínima parte foi distribuída entre o persoal e socios da Entidade.

Modificado o (Martes, 29 Novembro 2016 11:37)

 

AS AXUDAS ECONÓMICAS DA DEPUTACIÓN DE A CORUÑA NO ANO 2015 PERMITEN QUE AFAES PORTA NOVA SIGA FOMENTANDO A INCLUSIÓN SOCIOLABORAL DAS PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL CRÓNICA

As axudas económicas veñen a través de dous proxectos:

Proxecto de inserción sociolaboral de persoas con enfermidade mental crónica, a t5ravés da participación nos talleres do centro Ocupacional Porta Nova.

Importe: 10.376,52 €

As persoas con enfermidade mental crónica poden ter dificultades a hora de levar a cabo as demandas que lles esixe o desenrolo dunha actividade ou taller ocupacional ou laboral. Isto implica un abandono progresivo dos hábitos laborais e una progresiva dificultade para a posta en práctica das competencias ocupacionais ou profesionais.

Os usuarios beneficiarios do proxecto teñen a oportunidade de participar en diversos talleres formativos e ocupacionais: de lavandería, de costura, de cociña, brigadas de xardinería e horta, mediante estes aprendizaxes trabállanse as dificultades derivadas da discapacidade mental e adéstranse os usuarios en todos os aspectos prelaborais, laborais e formativos que require o desenrolo de competencias para a realización dunha ocupación ou traballo.

Ampliación da oferta formativa do Centro Ocupacional Porta Nova, mediante a habilitación dun espazo para a realización dun taller de cociña

Importe: 6.981,66 €

As vantaxes para os usuarios do Centro Ocupacional, persoas con enfermidade mental severa, da realización deste proxecto son:

- Ampliar as prestacións ou servizos do Centro Ocupacional, complementando os servizos ou produtos duns talleres con outros, neste caso a horta e a cociña, da primeira conseguimos os produtos vexetais que despois se van a elaborar, ben como comida diaria, ou envasado.

- Posibilitar o adestramento en habilidades básicas da vida diaria, de tipo doméstico, con vistas a vida autónoma facilitando deste xeito, a persoa con enfermidade mental severa, a incorporación as vivendas de AFAES Porta Nova ou a outro tipo de vivenda per en calquera caso mellora as condicións do paciente de cara a autonomía persoal.

- Incrementar a formación dos usuarios do Centro Ocupacional e mellorar o perfil formativo e laboral no sector da hostalería. Dende o Centro Ocupacional vanse a impartir accións formativas de cociña que melloren as condicións de incorporación a unha formación regrada no sector da hostalería ou traballo normalizado, reforzando as competencias profesionais da persoa con enfermidade mental.







 
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras