A.F.A.E.S. noticias

NOVO BOLTÍN AFAES PORTA NOVA

Xa tedes á vosa disposición a edición de inverno do noso Boletín. Esperamos que vos guste.

Pinchade no seginte enlace para poder velo: https://drive.google.com/open?id=0By2wi8BCtdlrQThUUXd5eDNxMXM

                                                          Nueva_imagen_7

Modificado o (Martes, 12 Xaneiro 2016 11:27)

 

A Obra Social La Caixa financia o proxecto “Sumando capacidades. Generando oportunidades”

Xunto coas axudas públicas, a aportación económica da Obra Social la Caixa permite que AFAES PORTA NOVA siga fomentando a inclusión sociolaboral das persoas con enfermidade mental crónica.

O proxecto financiado con 33.900 € pola Obra Social la Caixa leva como título “Sumando capacidades. Generando oportunidades. Proyecto de integración sociolaboral multisectorial para personas con discapacidad”

Un aspecto innovador que AFAES Porta Nova introduce neste proxecto é a realización de accións ocupacionais e formativas en colaboración con outra entidade da saúde mental no ámbito infanto-xuvenil: a Asociación de pais e nais con problemas psicosociais (ASPANEPS). O proxecto está a desenvolver itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral para persoas con discapacidade intelectual e persoas con trastornos mentais severos que reforcen as súas capacidades e competencias.

Deste xeito beneficiáranse do mesmo ata finais do ano 2016 arredor de 45 persoas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal tendo a oportunidade de participar en diversos talleres formativos e ocupacionais: de lavandería, de costura, de cociña, de serigrafía, nos que se poderán incorporar de forma conxunta usuarios de ambas entidades.

 

                                                                                                            
                           Nueva_imagen_6

Modificado o (Venres, 08 Xaneiro 2016 10:38)

 
Máis artigos...
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras