A.F.A.E.S. noticias

RESOLUCIÓN PROGRAMA FOIEV

No boletín oficial da provincia de A Coruña Nº 83 de xoves 4 de maio de 2017 faise pública a RESOLUCIÓN POLA QUE SE APROBA A SELECCIÓN DEFINITIVA DE ENTIDADES SOLICITANTES DO PROGRAMA FOIEV: PROGRAMA DE ADQUISICIÓN E CESIÓN DE VEHÍCULOS ÁS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DA PROVINCIA DA CORUÑA PARA A MELLORA DOS SERVIZOS E/OU PRESTACIÓNS EN MATERIA DE SERVIZOS SOCIAIS E/OU SOCIOSANITARIOAS DURANTE O ANO 2016.

A Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal (antes AFAES Porta Nova) presentou a convoctoria FOIEV o proxecto “Mellorar os equipamentos do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Narón mediante a adquisición dunha furgoneta para transporte de usuarios” e na relación de valoración dos proxectos presentados opta, como unha das 11 entidades seleccionadas, a cesión dunha furgoneta, entre un total de 53 proxectos presentados.

Cando a entidade dispoña da nova furgoneta, dará de baixa por antigüidade, outra furgoneta e seguirá mantendo en funcionamento o programa de actividades e servizos dos dispositivos que xestiona (centros de rehabilitación psicosocial e laboral, e centro ocupacional) que precisa dun mínimo de tres furgonetas. Cada unha das furgonetas ten un uso concreto e están circulando ao mesmo tempo.

En liñas xerais, a furgoneta que recibiremos en cesión por parte da Deputación da Coruña pasaría a facer os recorridos que achegan aos usuarios dende os domicilios as actividades de rehabilitación psicosociais e laborais do C.R.P.L de Narón e posteriormente desprazaría aos usuarios dende o CRPL de Narón as actividades que están na comunidade, por exemplo ao polideportivo municipal para actividade física (piscina, pavillón, multideporte), as compras dos usuarios das vivendas e para as actividades de ocio (viaxes, excursións, estancias de fin de semana etc) .

 

OBRADOIRO DE RECICLADO DE PLÁSTICOS EN AFAES PORTA NOVA

A través da colaboración mantida entre a asociación AFAES Porta Nova e a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC (OCV-UDC), seis alumnos e dúas profesoras da Facultade de Deseño Industrial do campus de Esteiro-Ferrol  acudiron a AFAES para impartir un obradoiro de reciclado de plásticos.

Durante esta xornada, na que participaron 36 usuarios e usuarias, os alumnos de Deseño Industrial ensináronlles as utilidades e posibilidades dos polímeros (plásticos) para implicalos despois nun taller de reciclado.

Neste obradoiro realizaron productos tan diversos como portamóviles con botes de xel, lámpadas feitas con bolsas, vaciapetos reutilizando botellas, pendentes con botes de plástico ou lapiceros elaborados a partir de tapóns.

A actividade resultou de gran interese, non só polo contido da mesma senón pola posibilidade de compartir coñecementos e experiencias entre os usuarios da entidade e os estudantes universitarios.

alt

alt

Modificado o (Mércores, 03 Maio 2017 11:38)

 
Máis artigos...
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras