A.F.A.E.S. noticias

AFAES PORTA NOVA A TRAVÉS DA CONVOCATORIA XERAL DE AXUDAS 2016 PARA ENTIDADES SEN FIN DE LUCRO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, MANTEN EN FUNCIONAMENTO DISTINTOS TALLERES OCUPACIONAIS E COMPLETA O EQUIPAMENTO DO TALLER DE COCIÑA DO CENTRO OCUPACIONAL

As axudas económicas da Deputación da Coruña para o ano 2016 permiten que AFAES siga fomentando a inclusión sociolaboral das persoas con enfermidade mental crónica, concretamente a través de dous proxectos. Por un lado o proxecto de "Mantemento dos talleres ocupacionais do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral da entidade AFAES Porta Nova: encadernación, manualidades, abelorios e feltro, debuxo e pintura", financiado con 10.994,46 €.

O outro proxecto financiado con 7.390,28 € vai dirixido á “Mellora das infraestruturas e equipamentos do Centro Ocupacional Porta Nova”, cuxa finalidade é a ampliación da oferta formativa do Centro Ocupacional Porta Nova, mediante a habilitación dun espazo para a realización dun taller de cociña, proxecto o que se lle da continuidade, posto que fora iniciado no ano anterior, tamén coa finalidade do organismo provincial.

Modificado o (Mércores, 22 Marzo 2017 11:17)

 

Xornada deportiva AFAES-ASPANEPS

O pasado mércores disfrutamos dunha xornada deportiva no pabellón da Gándara. Usuarios de AFAES votaron un partidiño contra asuarios de ASPANEPS. A mañá finalizou cuns pinchiños que compartiron todos os usuarios.

                                       composicin_ftbol

Modificado o (Martes, 05 Xullo 2016 10:57)

 
Máis artigos...
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras