A.F.A.E.S. noticias

Consellería de Economía, Empleo e Industria da Xunta de Galicia. Contratación de dous traballadores.

Por resolución da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Secretaría Xeral de Emprego, de 19/12/2017, a Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, en calidade de entidade sen ánimo de lucro, recibe unha subvención (exp. 352A 2017/251-0) para a contratación de traballadores desempregados en base ó proxecto presentado “Aumento das actividades ocupacionais para as persoas con enfermidade mental na Asociación Saúde Mental, Ferrol, Eume e Ortegal” .

A resolución dou resposta positiva a solicitude presentada na que se contemplaba a necesidade de incorporar durante un ano os seguintes perfís profesionais:

-Un profesional, a media xornada, na categoría de axudantes non titulados, para organizar un taller novo de tipo artesanal en resposta os intereses dos usuarios,

-Un profesional , cunha dedicación do 75% da xornada completa, na categoría de oficiais de 1ª e 2ª, para reforzar os adestramentos en actividades da vida diaria e na autonomía persoal nos residentes das vivendas protexidas da entidade.

- Un profesional graduado en educación física, a media xornada, para traballar o estado físico dos usuarios mediante a intervención individualizada e adaptada as características propias de cada usuario.

Finalmente na selección de candidatos puidemos cubrir dous dos tres postos de traballo subvencionados; o posto de profesor de taller de artesanía da madeira como taller do Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral e o posto de asistente persoal como reforzo os residentes das vivendas protexidas en tarefas de axuda a domicilio.

O importe económico da axuda para contratar os dous profesionais dende o 29 de decembro de 2017 ata o 28 de decembro de 2018, ascende o importe de 26.331,00 €.

Modificado o (Venres, 26 Xaneiro 2018 13:01)

 

Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal recibe a través da convocatoria xeral de subvencións do concello de Narón, unha axuda económica de 2.077,02 € para realizar o “Programa de Hábitos Saúdables”.

Obxectivo Xeral:

  • Mellorar e promocionar a saúde xeral das persoas con trastorno mental grave.

Obxectivos específicos:

  • Reducir os factores de risco que afectan ás persoas con trastorno mental grave.
  • Adquirir hábitos de alimentación saudables.
  • Fomentar e apoiar a participación en actividades deportivas.
  • Xeneralizar a aprendizaxe de hábitos saudables de alimentación e exercicio físico á súa vida cotiá.
Este programa estaría dividido en dous grandes bloques:
  • ALIMENTACIÓN
  • ACTIVIDADE FÍSICA

Ten un carácter continuo no tempo, tendo en conta a importancia que supón para o colectivo ó cal vai dirixido.

Unha parte do programa, como é a práctica regular de fútbol sala, piscina e ximnasia, xa se está levando a cabo na asociación desde hai tempo. Outros contidos como a teoría sobre hábitos de alimentación e de actividade física; e a práctica do ping-pong véñense impartindo como talleres desde hai menos tempo, pero con resultados de igual xeito moi satisfactorios. Cabe resaltar a participación exitosa dos rapaces en campionatos de ping-pong a nivel autonómico dentro da federación de asociacións de persoas con enfermidade mental.

O número de destinatarios do programa é elevado pois, debido á súa finalidade, se poden beneficiar del tódolos usuarios da asociación, na actualidade en torno a 50 persoas.

Consideramos que o mantemento deste programa proporciona ós nosos usuarios información e estratexias relevantes para mellorar aspectos relacionados coa alimentación e actividade física, que complementan un dos nosos obxectivos principais como asociación: a mellora da súa calidade de vida.

Modificado o (Xoves, 25 Xaneiro 2018 11:43)

 
Máis artigos...
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras