A.F.A.E.S. noticias

AXUDAS DEPUTACIÓN

No boletín provincial da Coruña do xoves 11 de outubro publícase a resolución final das convocatorias xerais de 2018. A nosa entidade recibirá as seguintes subvencións para:

  • "Proxecto de mantemento dous talleres ocupan dous centros de rehabilitación psicosocial e laboral da Entidade Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal". Importe concedido € 10.000. Prcentaxe de financiamento por parte da Deputación 0,6691.
  • "Renovación e ampliación dos equipamentos de mobiliario e material ofimático dos dispositivos asistenciais da entidade Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal". Importe concedido: 6.300,00€. Porcentaxe de financiación por parte da Deputación: 0,7778.

 

CONVENIO LA CAIXA

Acordo de colaboración entre a Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal e a FUNDACIÓN BANCARIA "LA CAIXA", baseada no proxecto "Mellora dos servizos de rehabilitación psicosocial e laboral para persoas con enfermidade mental na comarca de Ortegal" presentada pola nosa entidade en partenariado co Concello de Cerdido.

A aportación económica concedida ascende a 27.800 €. A validez temporal do acordo abarca desde a sinatura do acordo o 4 de outubro de 2018 ata o 30 de novembro de 2019.


Modificado o (Mércores, 31 Outubro 2018 12:20)

 
Máis artigos...
Idiomas
Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)
Acceso



Entidades colaboradoras